Mostrando entradas con la etiqueta Chile. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Chile. Mostrar todas las entradas

Festa do fútbol galego 2008





O vindeiro sábado, 27 de decembro do 2008, a nosa Selección enfrontase á Selección Nazonal de Chile, no seu cuarto amigable da súa historia moderna. A festa terá lugar ás 20:45 horas no estadio de Riazor, da Corunha. A Selección Galega disputará o seu segundo partido no estadio de Riazor, no anterior encontro na Corunha o resultada foi un empate (1-1) fronte a Ecuador. O partido será televisado en directo pola TVG, pero todo-los galegos de verdade acudiremos á chamada da nosa amada Selección e estaremos presentes en Riazor. Non nos queremos perder unha festa única, que comezará pola tarde nos bares dos arredores do estadio, logo dentro do estadio durante o encontro e logo de finalizar o encontro, prolongarase a festa ata caer de cú. a venta das entradas comeza o día 20 nas taquillas do estadio de Riazor (de 10:00 a 13:00 e de 17:00 a 19:30). As entradas custan entre 15 e 8 euros (Tribuna: 15€, Preferencia sup.: 10€, Preferencia inf.: 8€, Pavillón: 8€ e Marathón: 8 €).
A nosa terra agardanos o día 27 na Corunha, só é un pequeno esforzo a cambio de todo o que nos brinda ela a nós.

IMPORTANTE: Tras a negativa da Selección de Chile a Irmandiña xogará fronte a Selección de Irán.

Seguiremosvos informandovos nesta web de toda-las novas que vaian síndo referentes ó encontro.