27 de decembro do 2008, Riazor
A Irmandiña consegue a segunda victoria da súa historia moderna e permanece invicta. Onte a nosa selección nazonal voltou ó estadio de Riazor, da Corunha, e diante do público coruñés consegui vencer a Irán, toda una ticampiona de Asia. O resultado foi un 3-2, o mesmo ca no partido do ano 2005. No comeza da primeira metade os xogadores galegos xa declararon tatalmente as súas intención con chegadas polas bandas con Iago Falqué, moi activo e con Pablo Álvarez. Chegando tamén ó área rival con moitos xogadores e no minuto 22 unNnacho Novo con moitas ganas rubricaba o 1-0 cun auténtico golazo. irán non baixou os brazos e viase unha selección con ambición e no minuto 32 nun mal despexe do defensa vigués Rubén, Borhani empalma unha volea que desviaría o xusto Nouri e marcaría sen que o gardameta Roberto puidese facer nada. Con este resultado chegaríamos ó descanso do encontro. Xa na segunda metade Galiza saíu con moita forza en no minuto 58 Nacho Novo marcaría o seu segundo gol tras marcharse do porteiro iraní e Galiza poñeruse outra vez por diante. Os adestradores Arsenio Iglesias e Fernando Vázquez decidiron sustituír a Nacho Novo tras a súa gran actuación e Riazor e foise ovacionado polo público galego. E no minuto 64 o "Chino" Losada marcou o 3-1 de penalty. máis tarde no minuto 82 Khalatbari conseguiu maquillar un pouco o resultado e puxo o definitivo 3-2 cun trallazo imparable desde dentro da área.
Convocatoria:
1.- Diego López (Villarreal), 2.- Sito (Salamanca), 3.- Roberto Lago (Celta), 4.- Piscu (Deportivo), 5.- Júlio Álvarez (Almería), 6.- Rubén (Celta), 7.- Losada (Lugo), 8.- Dani Abalo (Celta), 9.- Nacho Novo (Glasgow Rangers), 10.- Trashorras (Celta), 11.- Nano (Racing de Ferrol), 12.- Iago Falqué (Juventus), 13.- Roberto (Osasuna), 14.- Pablo Álvarez (Deportivo), 15.- Borja (Valladolid), 16.- Noguerol (Celta), 17.- Álex Bergantiños (Xerez), 18.- Cabanas (Grasshopper), 19.- Jonathan Vila (Celta), 20.- Jonathan Aspas (Piacenza), 22.- Capi (Ciudad de Santiago).
Ficha técnica:
3 - Galiza: Roberto; Jonathan Aspas, Rubén, Piscu, Roberto Lago; Cabanas, Borja, Pablo Álvarez, Julio Álvarez, Iago Falqué; Nacho Novo. Tamén xogaron: Diego López, Noguerol, Capi, Sito, Álex Bergantiños, Dani Abalo, Trashorras, Nano, Losada e Jonathan Vila.
2 - Irán: Rahmati; Khalatbari, Bengar, Ghorbani, Kaebi; Zareh, Gholamnejad, Ashjari, Nouri; Rezaei e Borhani. Tamén xogaron: Taleblou, Nouri, Rafaei, Baou, Rahmati, Safi, Salehi e Khaleghifar.
Goles: 1-0, 22': Nacho Novo. 1-1, 32': Borhani. 2-1, 58': Nacho Novo. 3-1, 64': Losada. 3-2, 82': Khalatbari.
Árbitro: Iglesias Villanueva (Colexiado galego)
Estadio: Riazor (A Corunha)
Asistencia: 12.000 siareiros
CIEZA 0 - SD COMPOSTELA 2 LA ESEDÉ ASCIENDE A 2ªB
Hace 11 años