Convocatoria do Galiza - Irán

Arsenio Iglesias e Fernando Vázquez xa teñan confeccionada a derradeira e definitiva lista de convocados da Selección Galega para disputar o encontro fronte a Irán. Despois de facilitar a primeira lista xurdiron algunhas baixas, unhas por lesións e outras por motivos argumentados polos respectivos clubes para non deixar participar a algúns xogadores. A lista é a seguinte:

- Diego López (Villarreal CF)
- Roberto (CA Osasuna)
- Rubén (RC Celta)
- Noguerol (RC Celta)
- Piscu (RC Deportivo)
- Capi (SD Ciudad de Santiago)
- Sito (UD Salamanca)
- Roberto Lago (RC Celta)
- Borja (R Valladolid)
- Álex Bergantiños (Xerez CD)
- Jonathan Vila (RC Celta)
- Cabanas (Grasshoppers)
- Júlio Álvarez (UD Almería)
- Trashorras (RC celta)
- Jonathan Aspas (Piacenza)
- Dani Abalo (RC Celta)
- Pablo Álvarez (RC Deportivo)
- Nano (Racing de Ferrol)
- Iago Falqué (Juventus)
- Nacho Novo (Glasgow Rangers)
- Losada (CD Lugo)

A lista está composata por 21 xogadores, 9 da 1º división, 9 da 2ª división e 3 da 2ª división B.
As baixas con respecto á primeira lista son as seguintes: Iago Bouzón (RC Recreativo de Huelva) por lesión, o defensa sofre unha rotura de fibras e non foi quen de recuperarse para o encontro. Michel Salgado (Real Madrid CF) non foi quen de conseguir permiso do seu clube. Borja Oubiña (RC Celta) non obtivo o permiso do club vigués para disputar o encontro. Viqueira (Xerez CD) será baixa por unha lesión de última hora. Diego Castro (R Sporting de Gijón) será baixa por lesión. Jonathan Pereira (R Racing C) será baixa por lesión.

1 comentario:

picheleiro dijo...

Agrego a imaxen...

www.sdcompostela.tk