Galiza - 1 - 1 - Camerún

28 de decembro do 2007, Balaídos



A selección galega continúa invicta despois de tres anos consecutivos, a mágoa foi que non puido conseguir a victoria e non pasou do empate fronte a potente selección de Camerún. O encontro foi como os dous anos anteriores unha festa adicada ao fútbol galego, pero aínda así os xogadores deixan o pelexo no campo. Ao fin da primeira metade o resultado era de 0-0, pero no minuto 72 adiantaríase Galiza por medio dun penalty que marcou Julio Álvarez. Os galegos pensabamos que con ese gol xa tan adiantada a segunda metade tiñámos o encontro resolto, pero case ó final, unha man na área galega significou un penalty a favaor dos africanos e o seu veterán capitán Rigobert Song firmou o 1-1 definitivo.

Convocatoria:

1.- Diego López (Real Madrid), 2.- jonathan Aspas (Piacenza), 3.- Roberto Lago (Celta), 4.- Rubén (Racing), 5.- Iago bouzón (Recreativo), 6.- Borja (Valladolid), 7.- Diego Castro (Sporting), 8.- Viqueira (Recreativo), 9.- Trashorras (Las Palmas), 10.- Julio Álvarez (Numancia), 11.- Iago Iglesias (Elche), 12.- Jonathan Vila (Celta), 13.- Roberto (Sporting), 14.- Piscu (Deportivo), 15.- Jonathan Pereira (Racing Ferrol), 16.- Álex Bergantiños (Fabril), 17.- Nano (Cádiz), 18.- Iago González (Terrasa), 25.- Queco Piña (Racing Ferrol).

Ficha técnica:
1 - Galiza: Diego López; Jonathan Aspas, Rubén, Iago Bouzón, Roberto Lago; Borja, Viqueira, Diego Castro, Julio Álvarez, Nano; J. Pereira. Tamén xogaron: Roberto, Queco Piña, Piscu, Álex Bergantiños, Jonathan Vila, Iago Iglesias, Trashorras e Iago González.
1 - Camerún: Kameni; Binya, Song, Matokou, Ateba; Essola, Tchato, Mezaqui, Epalli; Gnemo, Tomou. Tamén xogaron: Souleman, Tine Jen, Kingue, Ngong, Dovala, Bekemenga e Job.
Goles: 1-0, 72': Julio Álvarez (P). 1-1, 87': Song (P).
Árbitro: Julio Amoedo Chas (Colexiado galego)
Estadio: Balaídos (Vigo)
Asistencia: 22.000 siareiros

1 comentario:

Marcos Fondado dijo...

todos defendendo a nosa camisola galega!

galiza enteira unida ca nossa seleción!!


1 aperta a tds